Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Pontón: "Os problemas deste país non se solucionan con propaganda"

Ana Pontón: "Os problemas deste país non se solucionan con propaganda"

Ana Pontón, nun momento da entrevista este martes na Radio Galega
G24.gal 23/07/2024 12:11

A voceira nacional do BNG participou nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega para falar sobre os temas de actualidade da política galega e estatal. Ana Pontón avaliou os cen días de goberno na Xunta: "Sorprende que haxa unha visión tan triunfalista do PP. Está repetindo vellas receitas fracasadas en temas como a atención primaria ou a vivenda.  Os problemas deste país non se solucionan con propaganda". 

"Entre 2015 e 2020 a Xunta tiña un Plan de Vivenda no que prometía que ía construír 870 vivendas e fixeron 40".

A portavoz nacionalista repasou outros temas de actualidade, como a política migratoria, a gratuidade da AP9, a recollida do lixo na Coruña, a citación de Pedro Sánchez para declarar como testemuña ou o Día de Galicia. "A min preocúpanme que temas tan importantes como o financiamento non se deciden en San Caetano ou no Parlamento, senón en Madrid".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade