Ana Pontón: "Temos un presidente débil, cando vemos que Feijóo lle remodela o Goberno dende Madrid"
Ana Pontón: "Temos un presidente débil, cando vemos que Feijóo lle remodela o Goberno dende Madrid"
"O BNG é a forza que se consolida como alternativa real ao Partido Popular"
"Rueda aínda non dixo se vai seguir mantendo a Jácome no Concello para poder seguir mantendo esa rede caciquil que teñen na Deputación de Ourense"
Só queda esta semana para pechar apoios de investidura e pactos de goberno no eido municipal.
O sábado constitúense os novos concellos, coincidindo cos prazos para as eleccións xerais do 23 de xullo. A voceira Nacional do BNG, Ana Pontón analizou no Bos días o panorama aberto na nosa comunidade despois do 28-M e con vistas ao 23-X.
Pontón destacou que nas ultimas eleccións municipais deron un gran salto. Afirma que foron a forza política que máis subiu en número de votos e de concelleiros e concelleiras. E están satisfeitos de facer historia, por exemplo en Santiago, onde por primeira vez unha muller acada a alcaldía.
"Traballamos con todo o entusiasmo e toda responsabilidade para cando se convoquen eleccións galegas, comece un tempo novo neste país e poida haber una presidenta coa mans libres para defender os intereses dos galegos e galegas", asegurou a voceira Nacional
Asegurou que o Goberno do PP está deixando atrás os intereses da cidadanía galega. Para os nacionalistas é necesario un cambio de rumbo porque está en xogo o futuro do país, dos galegos e das galegas. Din que non poden permitir que un país que é rico, que ten potencial, estea quedando atrás pola inoperancia dun Goberno do Partido Popular na Xunta.
"Porque temos unha sanidade peor que hai 14 anos, porque vemos que non se atende as persoas maiores, seguimos perdendo poboación, como perdemos pulso industrial. O que temos é un Goberno convertido nun satélite da rúa Génova, e que non ten ningún tipo de estratexia para este país", afirmou.
A Xunta criticou a liña vermella que o BNG pactou co PSdeG e evitar os gobernos municipais do PP, naqueles concellos onde é o máis votado. Ana Pontón defendeu que hai que respectar a democracia, que fai que a maioría absoluta dos votos da corporación designen a alcaldía. Afirmou que o PP quere impoñer un "trumpismo á galega", cre Pontón cree que non é un camiño bo a seguir.
"O que resulta contraditorio e que o PP teñen unha teoría para cando lles convén e outra para cando lles convén. Hai 4 anos o partido popular en Ourense no respectou a forza máis votada, e puxo como alcalde a unha persoas que o mesmo PP consideraba un alcalde letal. Parece que ao PP lle molestan os pactos do BNG co PSdeG, ou outros partidos pero os que lle gustan son os do Partido Popular con Vox".
O presidente Alfonso Rueda propuxo que se apoiara en Ourense a lista máis votada para evitar que gobernase outra vez Gonzalo Pérez Jácome. O BNG di que non aposta por Jácome, nin polo PP porque son dúas caras da mesma moeda, que simbolizan un paso atrás na política ourensá.
"Rueda aínda non dixo se vai seguir mantendo a Jácome no concello para pode seguir mantendo esa rede caciquil que teñen na Deputación de Ourense". "Temos un presidente débil, cando vemos que Feijóo lle remodela o Goberno dende Madrid". "Se non é capaz de dirixir o Partido Popular, tampouco é capaz de dirixir Galicia".
O obxectivo do BNG do 23 de xullo, nas eleccións xerais, pasa por un grupo propio no congreso dos Deputados. Afirman que é unha oportunidade para todos os galegos e galegas fronte á discriminación de Galicia en Madrid tanto do PP como do PSOE. Pontón di que hai que cambiar esa dinámica, para que Galicia deixe de ser unha espectadora e se converta en protagonista, como o fan os grupos vascos e cataláns, condicionando a política a nivel nacional en beneficio das sociedades as que representan.
"A nosa aposta é darlle peso político a Galicia a través dun grupo galego forte que teña as mans libres para defender os nosos intereses". " É unha garantía saber que imos defender Galicia e que lle imos parar os pés esa dereita aliada coa extrema dereita que significa un claro retroceso dende todos os puntos de vista".