Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG solicita os informes ambientais sobre Altri e o PP defende o rigor dos técnicos da Xunta

O BNG solicita os informes ambientais sobre Altri e o PP defende o rigor dos técnicos da Xunta

Os nacionalistas piden no Parlamento de Galicia que se lles envíe toda a documentación sobre a implantación da biofábrica de Altri en Palas de Rei

G24.gal 12/08/2024 14:55

Na política galega, este luns houbo debate sobre a implantación da biofábrica de Altri en Palas de Rei. Julio Torrado, portavoz da Executiva do PSdeG, demanda que o proceso de avaliación sexa "o máis rigoroso, o máis esixente e o máis restritivo posible en termos de protección ambiental".

Pola súa banda, o BNG solicitou no Parlamento de Galicia que se lle envíe "toda a documentación de todos os informes que xa existen e todos os que se vaian emitindo". Luís Bará, viceportavoz do partido na cámara, esixe, ademais, "os expedientes completos deses informes, non só o documento final de autorización".

Mentres tanto, o PPdeG defende o rigor co que os técnicos da Xunta están a elaborar os informes de impacto ambiental. Julio García Comesaña, viceportavoz dos populares no Parlamento de Galicia, asegurou estar acostumado a que o BNG "se opoña absolutamente a todo, que cre, ademais, que todos faríamos o que eles farían".

Na súa opinión, "estas manifestacións do BNG reflicten o que farían eles se lles correspondera, que sería pedirlles aos técnicos cal ten que ser a resposta". Engadiu que "a Xunta e o PPdeG confiamos no traballo excepcional que sempre fan os técnicos da Xunta de Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade