O BNG confía en que a negociación dos presupostos avance na axenda galega
O BNG confía en que a negociación dos presupostos avance na axenda galega
Ana Pontón asegura que "ou o Estado cumpre con Galiza ou o BNG vai ter unha posición moi crítica con eses orzamentos"
O BNG reuniu a súa Executiva por primeira vez tras o parada estival para fixar as liñas de actuación de cara ao novo curso político, no que un dos temas claves será o financiamento autonómico. Ana Pontón asegurou que non van permitir que Galicia sexa tratada "como unha nación de segunda".
A voceira nacionalista tamén confía en que a negociación dos presupostos permitirá recupera as prioridades da axenda galega. "Debemos ver a apertura dese debate sobre os Orzamentos como unha oportunidade para que a axenda galega avance. No BNG témolo claro: ou o Estado cumpre con Galiza ou o BNG vai ter unha posición moi crítica con eses orzamentos".