Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel Santos: "O meu é un cinema que quere falar, preguntarse, filosofar"

Ángel Santos: "O meu é un cinema que quere falar, preguntarse, filosofar"

Alicia fai cousas conseguiu catro dos principais galardóns no Festival de Cans

Protagoniza a curta Alicia Armenteros, premiada como mellor actriz

O filme é un conto moral sobre a idea do aburrimento 

 

G24.gal 23/05/2023 18:09 Última actualización 24/05/2023 10:17

Por primeira vez en 20 anos o Festival de Cans concedeu catro dos principais premios a unha mesma curtametraxe. Alicia fai cousas, de Ángel Santos, conseguiu os galardóns a mellor curtametraxe de ficción, mellor dirección, guión e actriz protagonista para Alicia Armenteros.

O cineasta presenta o filme como un conto moral. A protagonista é unha actriz de 25 anos que se obsesiona co seu propio aburrimento. 

Ángel Santos pasou polo Diario cultural da Radio Galega para falar da curtametraxe e da necesidade, e a imposibilidade, de aburrirse no noso tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade