Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Jácome tampouco falla no C1

Antía Jácome tampouco falla no C1

A galega quedou de segunda da súa rolda e evita os cuartos de final

Fixo unha moi boa carreira e estivo preto do primeiro posto

Antía Jácome, na canoa. EFE Antía Jácome, na canoa. EFE
G24.gal 08/08/2024 11:26

A Antía dalle igual ir soa que acompañada. A galega non falla no C1 e entra directamente en semifinais, como xa fixera no C2 con María Corbera. A madrileña tamén avanza no C1, na mesma posición que Jácome. Foron segundas as dúas.

A piragüista pontevedresa fixo unha carreira moi seria e só rematou por detrás da canadense Sophia Jensen. Cun tempo de 47,35, Antía Jácome certificou que o C2 non foi un espellismo nin unha casualidade, e que a moza está nun gran momento.

Agardana dous días moi completos. Este venres xógase as medallas no C2, e ao día seguinte, o sábado, tamén no C1. Semifianis e final. Catro probas para volver á súa pontevedra natal con unha, ou quen sabe se varias medallas ao pescozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade