Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre calcinado un home de 75 anos na Estrada

Morre calcinado un home de 75 anos na Estrada

Atopárono os efectivos que sufocaban un incendio en Santa Cristina de Vea

G24.gal 11/06/2024 16:38 Última actualización 11/06/2024 20:29

 O servizo de extinción de incendios achou este martes o cadáver dun home de 75 anos na Estrada mentres traballaban para extinguir un incendio forestal.

O suceso rexistrouse minutos despois das dúas da tarde nunha parcela na parroquia de Santa Cristina de Vea.

Foi un particular o que alertou ás autoridades tras detectar o fume que saía desta parcela.

Ata o lugar acudiron membros do servizo de extinción de incendios de Medio Rural, que deron por controlado o incendio unha hora despois.

No medio dos labores de extinción, os integrantes das brigadas acharon o corpo sen vida da vítima que, segundo fontes da investigación, é o do dono do terreo e veciño do concello.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación deste suceso, que tratará de aclarar en primeiro lugar se a morte deste home se produciu polo incendio ou por outras causas.

No operativo despregado na Estrada participaron tamén persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local da Estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade