Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dun home que faleceu tras botarse ao mar en Ribeira

Investigan a morte dun home que faleceu tras botarse ao mar en Ribeira

Tirárase nunha zona de pedras non acondicionada para o baño ao carón do peirao de Castiñeiras

As forzas de seguridade no lugar onde apareceu o corpo
G24.gal 27/07/2024 17:11 Última actualización 27/07/2024 21:29

Un home de 44 anos faleceu a primeira hora da tarde deste sábado en Ribeira, despois de tirarse ao mar e aparecer aboiando ao carón do peirao de Castiñeiras.

Segundo as testemuñas que estaban na praia no momento do suceso, o home chegou co seu coche ata o peirao. Deixou as cousas no vehículo e botouse ao mar el só, na zona do crebaondas, un lugar de pedras non acondicionado para o baño.

Un motorista acuático viu a vítima inconsciente sobre as catro da tarde preto do dique e tratou de asistilo. Coa axuda de máis bañistas sacárono da auga e fixéronlle reanimación cardiopulmonar pero a vítima xa non volveu en si. 

Golpe na cabeza

O home, veciño da zona, presentaba un golpe na cabeza, probablemente producido na caída. O 112 mobilizou Urxencias Médicas, Protección Civil e a Policía Nacional, que investiga o caso. 

Dúas horas despois de que aparecese o corpo, un coche fúnebre trasladábao ao hospital para lle practicar autopsia e determinar as causas da morte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade