Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece un lobo mariño na Coruña, unha femia grande que precisa "tranquilidade" e que pode ser perigosa

Aparece un lobo mariño na Coruña, unha femia grande que precisa "tranquilidade" e que pode ser perigosa

O Cemma afirma que posiblemente sexa adulta e non un cachorro xuvenil, que son máís habituais

A tempada de lobos mariños en Galicia dura dende finais de ano ata marzo

O lobo mariño (Cemma) O lobo mariño (Cemma)
G24.gal 26/01/2024 11:28

Esta semana apareceu un lobo mariño no peirao de Oza (A Coruña), e segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), é unha femia de tamaño grande que precisa "tranquilidade e respecto" e pode ser perigosa "se se sente acurralada".

"Non debemos achegarnos, pois pode ser perigosa se se sente acurralada", alerta.

O Cemma informa de que dende que este exemplar foi localizado en Burela (Lugo), o pasado 30 de decembro, fóronse recibindo posteriores avisos nos municipios coruñeses de Ares e Oleiros e na cidade herculina. Agora notificará á Policía Local, Garda Civil e Autoridade Portuaria esta situación "para evitar molestias".

A femia é "posiblemente adulta e non un cachorro xuvenil, como é habitual, en anos anteriores, durante as tempadas de lobos mariños".

A tempada de lobos mariños en Galicia abarca dende finais de ano ata o mes de marzo. Na actual, foi rexistrada a presenza de dous deles varados mortos, un en Muros e outro en Mañón; e outro vivo, en Burela.

En todo o norte Cantábrico e en Portugal, segundo o Cemma, observáronse simultaneamente diversos exemplares, "aínda que en xeral menos que en anos anteriores".

Os lobos mariños que chegan ás costas galegas, normalmente, son cincentos xuvenís (Halichoerus grypus), de menos de tres meses de idade, nacidos en colonias de Irlanda e en etapa de dispersión para buscar áreas de alimentación sen competencia doutros exemplares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade