Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen bloqueadas as fechaduras de varios colexios de Lugo o día do regreso ás aulas

Aparecen bloqueadas as fechaduras de varios colexios de Lugo o día do regreso ás aulas

Os pais queixáronse de estar esperando a que se solucionase o problema cos seus fillos e á intemperie nunha mañá especialmente fría

Imaxe de arquivo dun centro escolar Imaxe de arquivo dun centro escolar
G24.gal 08/01/2024 11:39

As fechaduras de varios colexios da cidade de Lugo apareceron esta mañá inutilizadas, pois alguén meteu anacos de arame para evitar que se puidesen usar as chaves. Isto provocou problemas aos responsables dos centros para poder abrir as instalacións a primeira hora, no día do regreso ás aulas despois das vacacións de Nadal.

As primeiras persoas que se atoparon co problema foron as responsables do servizo de madrugadores, xunto cos conserxes, que chegaron ao centro á primeira hora da mañá.

Aínda que ninguén se fixo responsable destes actos vandálicos, especúlase coa posibilidade de que estes feitos poidan estar relacionados coa folga no sector da limpeza en locais e oficinas da provincia de Lugo. O paro indefinido foi convocado polos sindicatos maioritarios (CIG, UXT e CCOO) e tivo como data de comezo o pasado 16 de outubro. Uns 1.800 traballadores están chamados a participar nesta folga.

A situación provocou as queixas dos pais que acudían cedo para deixar aos seus fillos nos colexios antes de dirixirse aos seus respectivos traballos, dado que nalgúns casos foi preciso solicitar a intervención de cerralleiros profesionais para abrir as portas de acceso aos centros, o que atrasou a hora de entrada.

Ademais, houbo queixas polo frío que pasaron pais e fillos esperando ás portas dos centros xa que había temperaturas de ata dous 2 grados en negativo na cidade de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade