Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen vehículos con raiaduras nunha céntrica rúa de Santiago

Aparecen vehículos con raiaduras nunha céntrica rúa de Santiago

Denuncian que son actos reiterados e que xa desde hai moitos anos aparecen retrovisores rotos

G24.gal 11/06/2024 14:25

Veciños dunha céntrica rúa de Santiago quéixanse dos danos que atoparon nos seus coches que estaban aparcados fóra. Case todos os dun lado apareceron con raiaduras. Non saben que facer, porque din que non é a primeira vez que pasa, en múltiples ocasións romperon os retrovisores.

Foi só un lado da rúa, unha zona de moito tránsito e moi próxima a residencias e ao campus universitario. Con todo, non se atreve a apuntara a ninguén. Nin ela nin outros veciños aos que lles contaron o sucedido.

Na rúa non sorprende que pasara algo así, porque segundo contan desde hai tempo e en reiteradas ocasións os coches apareceron con retrovisores rotos ou con danos. Os veciños están alerta continuamente pero dinnos que non saben que facer, e xa que se trata de algo recorrente, gustaríalles que se tomaran medidas ao respecto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade