Cargando resultados...
O BNG no Parlamento Europeo apoia a demanda das familias do Villa de Pitanxo
O BNG no Parlamento Europeo apoia a demanda das familias do Villa de Pitanxo
Ana Miranda critica a falta de vontade por parte do Goberno central para buscar os restos do barco
G24.gal
07/04/2022 14:07
A voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, critica a falta de vontade por parte do Goberno central para buscar os restos do Villa de Pitanxo. Afirma que, a pesar das dificultades técnicas, apoian a demanda das familias para avanzar na investigación e recuperar os corpos dos desaparecidos.
"É inxustificable e vergoñento que o Goberno abandone o barco e as súas familias. Por iso, dende o BNG apoiamos a reclamación das familias do Villa de Pitanxo para localizar os restos do barco, o aparello para que sexa clave na investigación, como elas piden, e, por suposto, os corpos dos mariñeiros", manifestou Ana Miranda.