Aprobada definitivamente a reforma constitucional que elimina o termo "diminuído"
Aprobada definitivamente a reforma constitucional que elimina o termo "diminuído"
A reforma conta co apoio de todos os grupos parlamentarios, salvo Vox
Non entrará en vigor ata que pasen 15 días
O pleno do Senado aprobou este xoves a reforma da Constitución que elimina o termo "diminuído" co apoio de todos os grupos políticos, a excepción de Vox. Con isto, a primeira reforma social da Carta Magna recibiu o apoio de 254 senadores e o voto en contra de 3, de Vox.
Tras a súa aprobación no Congreso e no Senado, a reforma vai ser publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) e non entrará en vigor ata que pasen quince días, prazo que se abre por se un 10 % da Cámara pide que se someta a referendo, algo que en principio non parece probable co pacto alcanzado polos socialistas e populares.
Deste xeito ponse o ramo á reforma que seguiron dende a cámara os ministros de Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy, e de Xustiza, Félix Bolaños, recibiu unha forte ovación das entidades da discapacidade presentes na tribuna de invitados do hemiciclo.
"Culminamos o camiño, é unha gran felicidade, é unha vitoria de país e é a demostración de que cando se escoita á sociedade civil, o que lle pide á clase política son reformas para alargar dereitos, para facer un país máis xusto, máis igualitario, máis progresista", destacou o ministro Bustinduy á súa chegada ao Senado.