Aproveitando as últimas horas do verán
Aproveitando as últimas horas do verán
A partir de mañá haberá un cambio brusco
De cara á fin de semana haberá que abrigarse e coller os paraugas
Xornada completamente estival que moitos aproveitaron para ir á praia. Iso si, sobre a area custa aguantar ao sol tombado na toalla. Así que moitos optaron por dar un mergullo.
"A auga está boa". "Este tempo é estupendo. É unha prolongación do verán", din algúns bañistas de Riazor.
Nesta xornada calorosa, os termómetros van superar en toda Galicia os 25 graos. As Rías Baixas e Ourense mesmo pasarán dos 30 graos. Pero o certo é que este bo tempo ten as horas contadas.
Mañá, malia que tamén irá calor, as máximas van caer cinco graos. En Ourense, por exemplo, pasarán dos 33 aos 28 e en Vigo dos 30 aos 25 graos de temperatura. E xa pola tarde haberá algún episodio treboento en Lugo e Ourense.
"É o que toca... Ten que ser". "A auga vainos chegar a todos". "Fai falta que chegue a auga porque agora apenas chove", comentan na Coruña.
Haberá entón que ir rescatando a roupa de abrigo e os paraugas porque para a fin de semana, os termómetros van caer de xeito considerable e tamén estará pasada por auga.