Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve deixouse ver en Montesalgueiro, Teixeiro, Curtis ou Aranga

A neve deixouse ver en Montesalgueiro, Teixeiro, Curtis ou Aranga

Malia que a primeira hora nevou con intensidade, a circulación non se viu afectada

Nas próximas horas a cota vai ascender aos 600 metros

G24.gal 23/02/2023 14:54 Última actualización 23/02/2023 15:08

A neve fixo acto de presenza en concellos como Montesalgueiro, Teixeiro, Curtis ou Aranga, a uns escasos corenta quilómetros da cidade da Coruña. 

Polo que contan os veciños, as primeiras folerpas comezaron a caer contra a medianoite, malia que non callaron. Porén a primeira hora da mañá xa nevou con máis intensidade e boa parte da paisaxe quedou tinguida de branco.

Malia que a algúns a neve os colleu por sorpresa, todos sabían que o cru inverno regresaba e con el o frío intenso. Con todo, din estar encantados coa sorpresa que atoparon ao subir as persianas.

Con todo, esta nevarada, a segunda na zona no que vai de inverno, non afectou a circulación e os vehículos puideron circular con total normalidade por todas as estradas.

Nas próximas horas xa non se agarda neve. A cota ascende aos 600 metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar