Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arantxa Sánchez Vicario e o seu exmarido enfróntanse a 4 anos de cadea

Arantxa Sánchez Vicario e o seu exmarido enfróntanse a 4 anos de cadea

Están acusados de urdir un plan para ocultar o seu patrimonio e evitar pagarlle unha débeda ao Banco de Luxemburgo 

G24.gal 12/09/2023 15:41

Este era o momento en que o exmarido de Arantxa Sánchez Vicario chegaba aos xulgados de Barcelona. Están acusados de urdir un plan para ocultar o seu patrimonio. Segundo a Fiscalía, querían evitar así o pago dunha débeda de 7,5 millóns de euros ao Banco de Luxemburgo. Josep Santacana amosábase tranquilo. Pola súa banda, Sánchez Vicario rexeitou facer declaracións.

Segundo o escrito do fiscal, a extenista actuou baixo as consignas do seu exmarido e en colaboración con outras cinco persoas. Todo comezou cando o Banco de Luxemburgo lle reclamou a débeda. A entidade adiantara os cartos que Sánchez Vicario tiña que pagar por unha anterior fraude con Facenda.

Supostamente, os acusados realizaron diversas manobras para frustrar o cobro, baleiraron as contas correntes, fixeron desaparecer os cartos que a extenista gañou por reportaxes nos medios e puxeron varios inmobles a nome doutras persoas. A Fiscalía reclama para ambos 4 anos de prisión e tres anos e medio para os cómplices. O xuízo prolongarase ata o venres.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade