Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un baixo en pleno centro de Vigo

Arde un baixo en pleno centro de Vigo

O local, próximo á rúa do Príncipe, estaba habitado por ocupantes ilegais

G24.gal 29/08/2024 13:53

Os bombeiros de Vigo sufocaron esta medianoite un incendio nun céntrico baixo da rúa Lugo, nas inmediacións da comercial rúa do Príncipe.

A extinción foi rápida, pero houbo que ventilar tamén os pisos superiores. O baixo estaba sendo habitado por ocupantes ilegais que acumulaban cartón, colchóns e aveños. Non se produciu ningún dano persoal, xa que os residentes no baixo saíron a tempo e tamén os dos pisos superiores baixaron á rúa polo seu propio pé.

O inmoble levaba entre dous e tres anos con ocupantes ilegais. Contra as dúas da mañá os residentes no edificio, algúns turistas, puideron subir aos seus pisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade