Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde unha casa abandonada na zona vella de Lugo

Arde unha casa abandonada na zona vella de Lugo

O lugar do incendio obrigou a mobilizar numerosos medios

G24.gal 26/06/2024 21:25

Un incendio  fixo saltar as alarmas na zona histórica de Lugo.

As lapas afectaron unha vivenda abandonada situada moi preto da catedral.

O lugar do incendio obrigou a mobilizar numerosos medios, entre os bombeiros e tamén axentes da policía local e nacional que estableceron cordóns de seguridade para evitar que correran perigo os veciños que se concentraron nas proximidades da vivenda incendiada.

As lapas orixináronse non segundo andar. Parece que a casa  estivera ocupada en ocasións anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade