Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trasladan un home en helicóptero ao hospital por unha picada dunha avespa en Cea

Trasladan un home en helicóptero ao hospital por unha picada dunha avespa en Cea

O afectado, veciño de San Cristovo de Cea, non tiña constancia de que fose alérxico ao insecto

Helicóptero medicalizado do 061 en Galicia /Arquivo Helicóptero medicalizado do 061 en Galicia /Arquivo
G24.gal 29/06/2024 18:06

Un home tivo que ser trasladado este sábado en helicóptero tras ser picado por unha avespa na localidade ourensá de San Cristovo de Cea .

O afectado non tiña constancia de que fose alérxico ao insecto. Os feitos ocorreron minutos antes da mediodía, cando unha persoa avisou ao 112 Galicia despois de que a súa parella fose picada por unha avespa.

Durante a súa chamada indicou que a vítima estaba mareada. Con esta información, desde o Centro de Atención Integrada de Urxencias 112 Galicia informouse o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Ourense e ao Grupo de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea.

Os servizos de urxencias médicas mobilizaron o helicóptero sanitario con base en Ourense ata a parroquia de Covas, onde se atopaba o afectado, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde recibiu atención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade