Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen o presunto autor de varios incendios en contedores de Ribeira

Deteñen o presunto autor de varios incendios en contedores de Ribeira

Foron os bombeiros de Boiro os que fixeron fronte a varios incendios en varios puntos da localidade que se orixinaron case de forma simultánea

Un dos contedores calcinados en Ribeira (Consorcio Contraincendios da Coruña) Un dos contedores calcinados en Ribeira (Consorcio Contraincendios da Coruña)
G24.gal 25/06/2024 11:53

A Policía Nacional detivo un home como suposto responsable dunha vaga de incendios que afectou unha decena de colectores de lixo en Ribeira a pasada madrugada.

Segundo informa o 112 Galicia, os lumes empezaron pouco antes das 2:00 da mañá xunto ao Colexio Sagrado Corazón e fóronse sucedendo varios máis ata a súa completa extinción, pasadas xa as 3.00.

A central de emerxencias destaca a "esencial" colaboración dos veciños nas súas chamadas ao 112, xa que isto facilitou a posta en marcha dos operativos e evitar a propagación das lapas a outros bens, como mobiliario urbano e vehículos.

Foron os bombeiros de Boiro os que fixeron fronte a estes incendios que se orixinaron case de forma simultánea, o que lles obrigou a desdobrarse. En total, houbo dez contedores calcinados: catro preto do Colexio Sacro Corazón, tres na zona da praia da Ameixida, dous próximos á caseta de socorrismo, outro no bar e outro en Area Secada.

Os axentes da Policía Nacional e a Local non tiveron dúbidas sobre a intencionalidade do lume, polo que procederon á localización e posterior detención dun home como posible causante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar