Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde unha casa que estaban a rehabilitar na Pobra do Brollón

Arde unha casa que estaban a rehabilitar na Pobra do Brollón

Os bombeiros só puideron evitar que ardesen as casas lindeiras

A Garda Civil investiga as causas do incendio

Restos queimados da casa
G24.gal 04/06/2024 20:23 Última actualización 04/06/2024 20:38

O lume comezou a mediodía no interior da vivenda por causas que aínda se descoñecen. O propietario, que estaba a traballar no tellado, tan só tivo tempo de fuxir do lugar e dar aviso aos bombeiros. Cando chegaron, só puideron apagar as lapas e evitar que se espallasen.

"Cando chegamos, a casa xa colapsara, porque era toda de madeira vella. Só atallamos o lume". Cristóbal Pérez, Bombeiros de Monforte.

"Sentimos moito ruído e moito fume. A casa ardeu moi rápido". Ana Ferreiros, veciña de Lourente.

A casa ardeu con moita facilidade por tratarse dunha estrutura de madeira vella e só a acción dos bombeiros evitou que ardera todo o conxunto de inmobles, con casas e palleiras vellas. Os veciños levaron un bo susto.

"O susto foi moi grande e temos preocupación por se volve arder".

Ata o lugar de Lourente desprazáronse os bombeiros de Monforte, o GES de Quiroga e varias patrullas da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade