Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden dous coches de madrugada no barrio coruñés de Monelos

Arden dous coches de madrugada no barrio coruñés de Monelos

Un dous coches quedou completamente calcinado, o outro salvouse a tempo

A Policía investiga o sucedido, pero todo apunta a que foron incendios intencionados

G24.gal 29/08/2024 14:47

A explosión e o ruído das lapas calcinando un vehículo na rúa, sacou da cama os veciños de Monelos.

"Escoitamos como unha bomba, nos asomamos á fiestra e xa vimos que ardía un coche"; "Despois aínda houbo máis explosións, seguro que foron as rodas";"Puxen un pantalón, baixei e alucinei", din os veciños.

A peor parte levouna Lara, a propietaria do vehículo.

"Eran máis das doce, estaba vendo unha peli de terror e collín asustada o teléfono. Era a policía para avisar que o meu coche, un Kia, estaba ardendo", di Lara.

Nin ela nin a súa nai se explican que puido suceder.

"Un coche de catro meses, de gasolina, aparcado desde hai máis dun día, co motor frío, eu creo que non arde só", di a nai de Lara.

"Xa me preguntaron se tiña inimigos, ou algún problema no pasado ou no traballo, pero non, de verdade que non, para nada", engade a propietaria.

Pouco tempo despois de extinguir o lume, os bombeiros tiveron que regresar á zona. Outro coche ardía na avenida das Margaridas, pero a Policía Local logrou apagalo a tempo. A proximidade na hora e no lugar dos dous incendios resúltalles sospeitosa.

"Ao pouco ían cara á rúa do lado a atender a outro coche, ten todas as papeletas de ser intencionado", sospeita Lara.

"Había moita policía, alguén dixo que atoparan un obxecto debaixo, pero nin idea, xa nos dirán", di a nai.

Por sorte, non houbo danos físicos e as lapas non se estenderon aos coches que había na zona. Agardan que pronto se esclareza o sucedido, e que este tipo de cousas só volvan pasar nas películas de terror.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade