Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden varios colectores de lixo en Vilagarcía de Arousa

Arden varios colectores de lixo en Vilagarcía de Arousa

Todo apunta a actos vandálicos, ante os que a veciñanza reclama máis vixilancia

G24.gal 17/06/2024 14:20

Probable novo caso de vandalismo na fin de semana en Vilagarcía de Arousa. 4 colectores do lixo arderon en dúas rúas moi próximas entre si en pleno centro da vila por causas que aínda se están a investigar por parte das forzas e corpos de seguridade.

Cando chegaron os servizos de emerxencias á rúa Gumersindo Nartallo xa arderan 3 colectores e as lapas estaban a piques de afectar outro máis. Un par de horas antes, os equipos contra os incendios tiveran outra actuación similar na rúa Santa Eulalia.

Os veciños reclaman máis vixilancia ante este tipo de actos que semellan claramente provocados.

Algúns pensan que estes actos vandálicos contra uns colectores novos poden deberse a que hai quen non está de acordo cos seus cambios de posición. Sexa cal sexa o motivo, supoñen un custo adicional que termina afectando toda a veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade