Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un arquitecto, investigado pola morte dun neno nun colexio de Ourense ao caer un tabique

Un arquitecto, investigado pola morte dun neno nun colexio de Ourense ao caer un tabique

Declarará en novembro e é o primeiro investigado nesta causa que acudirá ao xulgado

G24.gal 30/06/2023 13:28

En Ourense, a xuíza chama a declarar como investigado o arquitecto que deseñou os vestiarios do instituto Xulio Prieto Nespereira, nos que faleceu un alumno de teceiro da ESO ao caerlle enriba un tabique. 

Foi o avogado da familia do menor o que reclamou a súa comparecencia co obxectivo de determinar se a estrutura, construída hai 20 anos, se fixo axustándose ao proxecto arquitectónico que el deseñou.

Está citado a declarar en novembro, un mes despois case de que se cumpra un ano do tráxico suceso que lle custou a vida a un alumno de 15 anos e deixou ferido outro ao derrubarse o tabique de máis de mil quilos de peso que separaba as duchas do vestiario.

Un primeiro informe dos bombeiros descarta que houbese problemas estruturais, pero outro informe de dous peritos defendía defectos no deseño e construción. Tanto o vestiario masculino, onde aconteceu o suceso, como o feminino, que ten a mesma estrutura, permanecen clausurados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade