Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivan a causa contra o chofer do accidente de bus con 7 mortos en Cerdedo-Cotobade

Arquivan a causa contra o chofer do accidente de bus con 7 mortos en Cerdedo-Cotobade

   O auto determina que "non hai indicios" da posible comisión dunha imprudencia grave

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 11/06/2024 17:10 Última actualización 11/06/2024 17:21

O Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra ditou o sobresemento da causa contra o chofer do autobús que caeu ao río Lérez desde o viaduto de Pedre, en Cerdedo-Cotobade, e no que morreron sete persoas o día de Noiteboa de 2022.

O auto determina que "non hai indicios" da posible comisión dunha imprudencia grave ou menos grave cometida polo condutor, ao que os informes periciais da Garda Civil apuntaban como responsable do sinistro por un exceso de velocidade.

Con todo, unha vez analizados os testemuños dos dous sobreviventes e os informes presentados polas partes, o titular do xulgado de instrución dita o arquivo da causa, que poderá ser recorrida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade