Cargando resultados...
O arquivo da CRTVG garda 1.500 horas de material relacionado co Prestige
O arquivo da CRTVG garda 1.500 horas de material relacionado co Prestige
Na súa base de datos pódense atopar máis de 5.000 referencias asociadas ao accidente do petroleiro
G24.gal
13/11/2022 11:42
Última actualización 13/11/2022 12:14
No servizo de Documentación e Arquivo da CRTVG hai máis de 1.500 horas de material relacionado coa catástrofe do Prestige.
Na súa base de datos pódense atopar máis de 5.000 referencias asociadas ao accidente do petroleiro. Segundo explica a xefa do servizo, María Xesús López, é unha tarefa laboriosa e leva o seu tempo.
Moitos medios españois e internacionais botaron man da Galega nas últimas semanas. Parte deses contidos están á disposición da cidadanía na web da CRTVG.
Abonda con procurar na xanela "Pasou o que pasou" para mergullarse na maior catástrofe medioambiental da historia de Galicia.