Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Semana Verde de Silleda rexistra nesta edición novos récords nas áreas de alimentación e turismo

A Semana Verde de Silleda rexistra nesta edición novos récords nas áreas de alimentación e turismo

746 empresas de seis países presentarán en Silleda os seus produtos, dende maquinaria ata artesanía pasando por bioenerxía

Neste salón pódense probar as últimas innovacións gastronómicas, pero tamén hai espazo para os negocios

G24.gal 30/05/2024 14:52

Silleda acolle dende este xoves ata o domingo a edición 46 da Semana Verde de Galicia, con récord de expositores e máis de 200 actividades lúdicas e profesionais. Na inauguración, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que esta mostra é "o escaparate de Galicia en todos os sentidos".

746 empresas de seis países presentarán en Silleda os seus produtos, dende maquinaria ata artesanía pasando por bioenerxía. A Semana Verde rexistra nesta edición novos récords nas áreas de alimentación e turismo.

Neste salón pódense probar as últimas innovacións gastronómicas, pero tamén hai espazo para os negocios. Compradores internacionais, chegados de Xordania ou Filipinas, interésanse polos nosos produtos con denominación de orixe.

"É o escaparate de Galicia en todos os sentidos, por suposto do noso medio rural, que se renova, que ten problemas e retos que superar entre todos; do noso turismo, con tantas pequenas empresas que venden o mellor de Galicia", defendeu Alfonso Rueda.

Ata o domingo o recinto acollerá máis de 200 actividades lúdicas e profesionais, con propostas de caza, pesca ou natureza ou espectáculos de motor. A entrada é gratuíta, agás os tres euros de aparcadoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade