Xulgan sete acusados de darlle unha malleira a un mozo en Amorebieta e deixalo en estado vexetativo
Xulgan sete acusados de darlle unha malleira a un mozo en Amorebieta e deixalo en estado vexetativo
16 persoas de entre 15 e 38 anos estiveron implicadas na salvaxe agresión, ocorrida na madrugada o 25 de xullo de 2021
Foi unha agresión brutal, gravada co móbil sen que ninguén puxese remedio. Déronlle patadas e mesmo golpes con botellas e con paus. Estiveron implicadas 16 persoas na agresión, entre eles 8 menores de idade. Unha agresión salvaxe que se producía na madrugada do 25 de xullo de hai dous anos en Amorebieta (Biscaia).
Alexandru Andrei Ionita, 'Álex', con 23 anos, quedou en estado vexetativo. Dende aquela precisa coidados as 24 horas do día.
Hoxe 15 de xaneiro arranca o xuízo, sentan no banco dos acusados parte dos supostos agresores, os maiores de idade, un total de 7, seis en prisión desde os feitos.
É a primeira xornada do xuízo, a fiscalía pide para eles 14 anos de cárcere, a familia a prisión permanente revisable. Os pais testificaban tras un biombo. Segundo a avogada da familia, moi afectados por lembrar o suceso, e sabendo que o que os implicados ían contestar no xuízo que non lembraban nada por estar baixo os efectos do alcol.
O xuízo está previsto que teña continuidade polo menos nove días. Os menores xa foran xulgados en xuño, permanecen internados nun centro, algúns durante tres anos, outros terán que estar cinco. Algúns dos implicados son membros da banda Los Hermanos Koala.