Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pai de Desirée: "É moi forte ver a persoa que fixo esa barbaridade"

O pai de Desirée: "É moi forte ver a persoa que fixo esa barbaridade"

Arranca o xuízo polo crime de Desirée, coa nai da nena como única acusada

As acusacións piden prisión permanente revisable para a presunta parricida

Está previsto que o xuízo se celebre en Lugo entre o 7 e o 14 de febreiro

G24.gal 04/02/2022 14:54

José Manuel Leal, o pai de Desirée, di que nunca poderá esquecer aquel tres de maio de 2019. Agora terá que reabrir esa ferida, porque está previsto que comece o xuízo en Lugo.  

Di José Manuel que está "moi mal" por ter que coincidir coa súa exparella e nai da nena, a única acusada polo crime. "Ver a esa persoa que fixo esa barbaridade, esa cousa inhumana, é moi forte", explica. 

Supostamente, a nai asfixiou a Desirée aquela noite na súa casa de Muimenta, cando a nena durmía. As acusacións piden para ela prisión permanente revisable. 

A defensa busca reducir a pena co atenuante de suposta anomalía ou alteración psíquica da nai, pero a fiscalía afirma que foi un crime planeado. Da mesma opinión é o pai da vítima. Di que a Garda Civil descubriu que ela "levaba uns días buscando veleno por Internet", polo que entende que "non foi algo repentino".

Está previsto que José Manuel preste declare xa durante a primeira xornada, e que o xuízo se estenda ata o próximo 14 de febreiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade