Publicador de contidos
Publicador de contidos

Terceira morte este ano por caída desde o mirador do Halo en Vigo

Terceira morte este ano por caída desde o mirador do Halo en Vigo

A Policía Nacional investiga a localización do cadáver dunha muller contra ás oito da mañá na base desta estrutura futurista

O terceiro falecemento en 2024 cuestiona as medidas de seguridade deste elevador

Ascensor do Halo en Vigo /Arquivo Ascensor do Halo en Vigo /Arquivo
G24.gal 18/05/2024 12:55 Última actualización 18/05/2024 13:09

Unha muller faleceu este sábado ao precipitarse dende o ascensor Halo de Vigo. O corpo apareceu contra as oito da mañá na base desta futurista estrutura. O servizo de seguridade do Centro Comercial Vialia deu o aviso á central de Emerxencias do 112. Das investigacións do que puido acontecer encárgase a Policía Nacional.

É a terceira morte dende o miradoiro do Halo en 2024. Precisamente para evitar máis incidentes o Concello anunciara en febreiro un reforzamento das medidas de seguridade desta plataforma.

Desprazou máis patrullas da Policía Local á zona nos accesos para intentar disuadir a persoas con intencións de lanzarse desde as alturas.

O pasado mes de febreiro, un mozo de 21 anos morreu no mesmo punto e, 15 días máis tarde, outro home, de 31 anos, lanzouse ao baleiro desde a pasarela do elevador panorámico cando a infraestrutura aínda non estaba aberta ao público.

Desta volta a persoa falecida semella que puido evitar os controis no lugar. O Xulgado Número 8 de Vigo, en funcións de garda, abriu unha investigación sobre o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade