Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arte urbana contra o feísmo na Ribeira Sacra

Arte urbana contra o feísmo na Ribeira Sacra

Hai xa preto de 100 murais na comarca para pór en valor espazos degradados

Son obras de artistas locais con protagonismo da natureza e as tradicións da zona

Os murais mudaron a imaxe de moitos espazos públicos da Ribeira Sacra
G24.gal 29/11/2021 20:29

A Ribeira Sacra non é allea á moda e aposta pola arte urbana para darlle un novo aire aos seus espazos públicos, combatendo ademais o feísmo. O consorcio turístico, nunha acción enmarcada no Pacto pola paisaxe, promoveu novos murais en colaboración cos concellos.

A natureza é a gran protagonista nestas creacións. En moitos concellos teñen especial relevancia os seus produtos típicos. Son murais deseñados por artistas da Ribeira Sacra e podemos atopalos xa nos 21 concellos lugueses e ourensáns que compoñen esta comarca.

Algúns deles mesmo contan xa coa súa propia ruta para que non perdamos detalle de todas as creacións pictóricas que esconden as súas renovadas rúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade