Así é o novo sistema de recollida de lixo para a hostalaría en Santiago
Así é o novo sistema de recollida de lixo para a hostalaría en Santiago
Inquedanzas dos hostaleiros: o espazo e o horario
Busca xestionar con maior eficacia a separación de residuos na hostalería. É o sistema porta a porta de recollida de lixo que vai implantar o Concello de Santiago.
"Vidro, cartón, plástico, os restos e o orgánico. Todo isto vai facerse a diferentes horas. Sempre porta a porta e unha soa vez ao día", explica Thor Rodríguez, presidente da Asociación Hostaleiros Compostela.
A primeira inquedanza dos hostaleiros, o espazo.
Xoán Costoya, copropietario da Taberna Gato Negro, pregúntase onde colocar "cinco contedores deste tamaño, que non son pequenos".
Tamén preocupa o horario de recollida porque del depende a almacenaxe de restos no interior dos locais.
Son algunhas das inquedanzas que quere corrixir a asociación Hostalería Compostela, pendentes dun encontro co alcalde.
Con todo, hai voces a prol do sistema tal como está proposto. Máis confianza no sistema ten a asociación Hostalería.Gal. "Creo que non vai haber tanto problema", afirma Lois Lopes, presidente da asociación.
Difiren nas formas, pero coinciden no fondo: hai que reciclar.