Publicador de contidos
Publicador de contidos

As augas residuais confirman que a sexta onda está entrando en meseta en Galicia

As augas residuais confirman que a sexta onda está entrando en meseta en Galicia

Segundo explican na Sociedade Española de Viroloxía, a tendencia á baixa parece que se consolida

Galicia supera os 78.500 casos activos, pero rexistra unha baixada notable de ingresos

G24.gal 21/01/2022 14:51

Comeza a remitir a onda de ómicron. Provocou un número de infeccións simultáneas como ningunha outra coñecida ata agora que, afortunadamente, non tivo a repercusión nas anteriores na presión hospitalaria.

Segundo explican na Sociedade Española de Viroloxía, estamos neses días de flutuacións que adoitan rodear os picos de casos activos, pero a tendencia á baixa parece que se consolida.

O sistema sentinela instalado nas depuradoras e os seus modelos de proxección confirman que estamos aínda con niveis moi altos de virus, pero cun cambio de tendencia.

"Indica unha baixada de ómicron, non tan brusca como a do Reino Unido ou Sudáfrica. Un pouco máis meseta, pero meseta de baixada. A mediados de febreiro a cousa estará moito mellor e en marzo moitísimo mellor", explica Albert Bosch, presidente da Sociedade Española de Viroloxía.

Explican tamén que temos que baixar de incidencias altísimas pola altísima transmisibilidade da variante.

"Vimos como ómicron suplantou con toda velocidade a delta. Peor xa antes de ómicron estabamos no inicio da sexta onda. É dicir, que ómicron apareceu cando xa a sexta onda estaba avanzada entón aí xuntamos que xa había unha onda previa, que apareceu ómicron e o Nadal", engade Margarita Poza, investigadora do INIBIC e profesora da UDC. 

O resultado, un enorme volume de infectados e moito virus circulando. Aínda que lentamente, os datos indican que comeza a albiscarse a melloría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade