As axencias de viaxes analizan na Coruña o sector tras recuperar cifras de vendas anteriores á pandemia
As axencias de viaxes analizan na Coruña o sector tras recuperar cifras de vendas anteriores á pandemia
As axencias de viaxes analizan na Coruña o sector tras recuperar cifras de vendas anteriores á pandemia
Medra a demanda en destinos emerxentes con voos directos desde Galicia, a Cabo Verde, Xordania ou Exipto
Cando chegan as vacacións,l á hora de preparar as maletas os galegos e as galegas seguen a escoller, preferentemente, lugares de praia.
Agustín Vázquez, director de Olamundo!, axente de viaxes, destaca: "En Galicia temos a conectividade moi alta desde os aeroportos galegos coas illas Canarias e as illas Baleares".
O presidente da Asociación Galega de Viaxes, AGAVI, Juan Antonio Ribadulla engade: "Os galegos sempre buscamos sol e tamén viaxes culturais por Europa. O certo é que se está a vender todo tipo de produtos".
Medra a demanda tamén en destinos emerxentes con voos directos desde Galicia. "A Cabo Verde, Xordania, Exipto ou outros destinos menos coñecidos, como Albania", sinala Agustín Vázquez.
No encontro profesional celebrado na Coruña o sector recoñece o bo momento que atravesa, recuperando os niveis de reservas de 2019.
"Houbo un importante aumento de vendas nos primeiros cinco meses do ano. Agora desacelerouse nos últimos días, pero o certo é que viñamos moi fortes", apunta o presidente da Asociación Galega de Viaxes.
Na mesma liña se pronuncia Carlos Garrido, presidente da Confederación Española de Axencias de Viaxes, CEAV, ao dicir: "Afortunadamente levamos un ritmo de catro meses consecutivos en que se conseguiron as cifras previas á pandemia, cifras de 2019 que eran cifras récord".
Provedores e axencias de viaxes aproveitaron o foro profesional para establecer contactos cara a futuros destinos e produtos turísticos.