Publicador de contidos
Publicador de contidos

As cacharelas xa están prontas para acender a noite máis máxica do ano

As cacharelas xa están prontas para acender a noite máis máxica do ano

G24.gal 23/06/2023 14:59

Volve a noite de San Xoán. Regresan o lume purificador e todos os rituais cos que se dá comezo o verán. 

O San Xoán encherá Galicia de cacharelas este venres, en especial nas provincias costeiras. A da Coruña é a de máis sona. Declarado Festa de Interese Turístico Internacional, o San Xoán coruñés é unha das celebracións máis tradicionais que ninguén quere perder.

En Riazor esta mañá xa había xente collendo sitio, e non eran os primeiros. Algúns xa durmiron na praia para ter reservado un lugar na area e gozar así da noite máis máxica do ano

E por iso arredor de 150 mil persoas danse cita nestes areais urbanos. Así que, para garantir que non haxa incidencias, este ano reforzouse o dispositivo de seguridade.

Contra a medianoite producirase a tradicional queima da falla. Haberá tamén un espectáculo de fogos artificiais e centos de cacharelas alumearán nesta noite do San Xoán.

A festa esténdese por todo o país, xa sexa e en Lugo, coincidindo co Arde Lucus, en Nigrán, onde tamén se celebra na praia, na de Nigrán, ou sexa en Santiago, onde é unha festa de barrios, poucos lugares haberá en Galicia onde o lume non ilumine esta noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade