As candorcas deixan catro veleiros sen goberno a seis millas de Malpica
As candorcas deixan catro veleiros sen goberno a seis millas de Malpica
Salvamento Marítimo e a Cruz Vermella remolcaron tres dos barcos ao porto de Malpica
A cuarta embarcación levárona á Coruña cunha vía de auga
Os veleiros, sen goberno, e os tripulantes, co susto aínda no corpo.
"É unha experiencia aterradora, porque é un animal grande e moi poderoso, e non hai nada que ti poidas facer", cóntanos unha navegante holandesa.
Calcula que as candorcas medían uns seis ou sete metros. Estaban a seis millas de Malpica cando se produciu a interacción cos cetáceos.
"Viámolas moverse baixo o barco e sentiamos os golpes".
Quedaron sen temón catro veleiros procedentes de Holanda, Inglaterra, Francia e Noruega. Asistíronos Salvamento Marítimo e a Cruz Vermella. Levaron un dos barcos á Coruña cunha vía de auga, os outros tres remolcáronos ao porto de Malpica.
Parar o barco e apagar a electrónica é o que se recomenda no caso dun encontro con candorcas e non tratar de fuxir delas.