Publicador de contidos
Publicador de contidos

As candorcas entran na ría de Arousa e asoman pola de ría de Vigo

As candorcas entran na ría de Arousa e asoman pola de ría de Vigo

Esta fin de semana víronse preto da Illa de Sálvora, preto do Grove e tamén nas proximidades de Ons

Este luns xa se deixaron ver na ría de Vigo

G24.gal 21/08/2023 16:42 Última actualización 21/08/2023 20:28

Esta fin de semana un grupo de candorcas deixou sen temón un veleiro francés que pasaba entre Sálvora e O Grove e que foi remolcado a Ribeira. Outra embarcación, de bandeira inglesa, conseguiu chegar ao porto de Sanxenxo antes de sufrir danos. Aínda que non é habitual, ás veces as candorcas entran na ría da Arousa na busca de alimento, aproveitando a súa profundidade.

Este luns un grupo de ata 5 candorcas foron vistas entre as Estelas e as Cíes, á entrada da ría de Vigo. 

"Tivemos un avistamento antonte entre a illa de Ons e a de Sálvora. Houbo unha interacción e provocaron danos nunha embarcación a vela que se remolcou a Ribeira. E onte pola mañá dous exemplares dese grupo entraron no canal de augas máis profundas cara ao interior da ría de Arousa", di Bruno Díaz, biólogo director do Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI).

"Ás veces no verán entran na rías, particularmente no canal da Ría de Arousa, que é un canal de augas bastante profundas, supera os 50 metros, ata a illa Rúa. Por que? Seguen os peixes de tipo peláxico, ás veces os atúns entran dentro e outros peixes de gran dimensión que poden interesarlle a unha candorca para a súa alimentación", di Díaz, director do BDRI.

A ferramente Orcinus, clave para o seu seguimento

Están a facer o seguimento das candorcas coa aplicación Orcinus, que desenvolveron co apoio da Xunta e Portos de Galicia, e onde se observa un movemento de ida e volta dende Xibraltar ás costas galegas, que adoita ser máis frecuente no verán. As candorcas non adoitan entrar nas rías, agás na de Arousa, pola profundidade que ten.

Precisamente a aplicación Orcinus naceu para avisar os navegantes da presenza de candorcas. De feito estes días están a rexistrar entre 4.000 e 5.000 visitas diarias á aplicación Orcinus.

Díaz apuntou que, aínda que normalmente quedan detrás das illas, na canle profunda, onde hai moitos peixes, "é posible" que algúns membros dispérsense, esculquen e acaben accedendo ao interior da ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade