As cegoñas volven para aniñar na comarca da Limia
As cegoñas volven para aniñar na comarca da Limia
A súa presenza é unha tradición na zona da antiga Laoga de Antela
Constrúen os seus niños nas aldeas con abundante alimento na terra
Nós últimos 20 anos a poboación de cegoñas multiplicouse por dez
Estes días pódense ver na comarca da Limia centos de cegoñas que chegaron para aniñar na zona e ter as súas crías. Unha imaxe que se repite cada ano e desde hai vinte anos a poboación de cegoñas foi medrando e agora segundo Medio Ambiente contabilízanse máis de 600 exemplares nuns 120 niños.
As cegoñas son aquí, na aldea de San Pedro de Laroá, unhas veciñas máis. A comarca da Limia é un paraíso para estas aves migratorias e van facendo os seus niños onde poden para criaren.
Desde a súa casa Marina observa desde xanerio como van contruíndo os niños e como son as súas rutinas diarias. A súa presenza é unha tradición na zona da antiga Lagoa de Antela, pero nestes últimos anos a poboación foi aumentando.
A comarca da Limia é un lugar tranquilo e con abundante alimento para elas e as futuras crías. E a veciñanza convive amigablemente coas cegoñas.
Desde que hai censo oficial en 2004 o número de cegoñas foi aumentando e nos 20 últimos anos a súa presenza multiplicouse por 10, agora segundo os rexistos de Medio Ambiente máis de 600 cegoñas pasan unha temporada pola Limia.