Publicador de contidos
Publicador de contidos

As compañías electrointensivas din que o prezo da luz pon en risco a súa actividade nas próximas semanas

As compañías electrointensivas din que o prezo da luz pon en risco a súa actividade nas próximas semanas

As fábricas grandes consumidoras de electricidade póñenlle présa ao Goberno e á Comisión Europea para atallar o que cualifican como "escalada descomunal" do prezo da luz

Din que as compañías eléctricas teñen que renunciar aos beneficios extraordinarios que están tendo para así poder salvar a economía

G24.gal 09/03/2022 13:50

As fábricas grandes consumidoras de electricidade póñenlle présa ó Goberno e á Comisión Europea para atallar o que cualifican como "escalada descomunal" do prezo da luz.

Din que as compañías eléctricas teñen que renunciar ós beneficios extraordinarios que están tendo para así poder salvar a economía.

A asociación de fábricas grandes consumidoras de electricidade, AEGE, recorda que as compañías eléctricas prometeron ofrecer prezos competitivos para as empresas, pero non o fixeron. Agora, dixo na Radio Galega o director xeral, Fernando Soto, teñen que facelo de forma urxente. E se non o fan, o Goberno ten que cambiar o sistema para que a electricidade que se produza sen gas (é dicir, a nuclear e a renovable) a vendan ó prezo que realmente custa.

"Non quererán deixar de gañar os suculentos beneficios que están obtendo con estes prezos tan elevados. O que sería factible é que as eléctricas nos ofrecesen eses contratos a prezos competitivos. E se non chega, que o goberno, en días e non en semanas, convoque unha poxa de enerxía ofrecendo tecnoloxía inframarxinal a custo desas tecnoloxías".

"Con estas circunstancias, as electrointensivas están vendo poñer en risco a súa actividade nas próximas semanas e xa veremos. Por iso, urxen decisións xa e non esperar máis semanas porque levamos esperando moito tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade