Publicador de contidos
Publicador de contidos

As dúas galegas con ataxia telanxiectasia correron o medio maratón de Fene

As dúas galegas con ataxia telanxiectasia correron o medio maratón de Fene

Queren visibilizar a enfermidade e impulsar as doazóns para apoiar a investigación

G24.gal 11/12/2022 15:40 Última actualización 11/12/2022 16:34

As dúas únicas afectadas por ataxia telanxiectasia en Galicia, Sonia e Patricia, participaron no medio maratón XXXVI Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría, que se celebrou en Fene, co obxectivo de visibilizar esta enfermidade que aínda non ten cura nin tratamento.

Trátase dunha patoloxía rara, xenética e neurodexenerativa que causa unha grave discapacidade física progresiva, inmunodeficiencia, problemas respiratorios frecuentes e unha maior predisposición ao cancro.

Sonia, ferrolá de 20 anos, e Patricia, lalinense de 31, foron acompañadas por 19 corredores solidarios galegos, coordinados por Hernán García, que empurraron as cadeiras especiais.

As dúas xa participaron nesta proba en 2019 e acoden asiduamente a grandes maratóns co equipo Zurich Aefat, creado pola asociación en 2017. Para elas, correr é unha actividade motivadora e inclusiva, que permite normalizar a súa situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade