Publicador de contidos
Publicador de contidos

As enfermeiras reivindican a súa autonomía no día mundial da profesión

As enfermeiras reivindican a súa autonomía no día mundial da profesión

Destacan o seu alto índice de especialización, o seguimento de pacientes e o traballo de investigación

G24.gal 12/05/2023 14:00 Última actualización 12/05/2023 14:32

As enfermeiras foron as protagonistas neses enormes dispositivos da vacinación masiva durante a pandemia da covid-19 e xa fóra de pandemia cumpren unha función troncal no ámbito sanitario e do coidado da saúde. Este venres reivindican o seu papel visibilizando as súas múltiples funcións.

Ás portas dos centros sanitarios fixeron electrocardiogramas cunha plaquiña pequena, coa se que poden detectar arritmias, extrasístoles e outros problemas que poden denotar unha doenza de corazón.

Tiveron moitos voluntarios para mirar os niveis de glucosa ou a tensión. Cribados de saúde que se desenvolveron hoxe nas entradas de hospitais e centros de atención primaria e onde as enfermeiras quixeron lembrar os aspectos menos coñecidos do seu traballo.

"Levamos pacientes desde que son diagnosticados, en todo o seu proceso crónico complexo. Ademais diso, temos enfermeiras nas unidades de críticos, cun alto grao de especialización... E outra faceta que tampouco é nada coñecida é a que temos como investigadoras", dixo Sandra Vidal, supervisora de Docencia da área sanitaria de Santiago. 

Aludiron a que existen estereotipos sobre o seu traballo, que é moito máis autónomo do que pensa a maioría. Algunhas alumnas de enfermería subliñaron que "a xente ten a típica idea de que as enfermeiras só seguen as directrices do médico, pero ata poden receitar algún medicamento en certas comunidades autónomas". E, sobre todo, o que quixeron neste día é reivindicar que a enfermería tamén en ciencia".

"Nós dentro do IDIS, o Instituto de Investigación Sanitaria, xa temos este ano un grupo de investigación liderado por enfermería", declarou Eloína Núñez, a xerente do CHUS. 

Autonomía, responsabilidade, e capacidade para o traballo en equipo.  Defenden que as enfermeiras están avaladas polos estudos de grao universitario e contan alto índice de especialización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade