As exportacións de viño galego aumentaron un 24,6 % en 2021
As exportacións de viño galego aumentaron un 24,6 % en 2021
As vendas supuxeron unha facturación de 57,9 millóns de euros
Estados Unidos, norte e centro de Europa e o Xapón son os principais mercados
Arredor de 17 millóns de litros de viño exportou Galicia o pasado ano, o que supuxo unha facturación de 58 millóns de euros. Ademais, as vendas ao exterior incrementáronse nun 24,6 %.
As cifras melloran con moito as de 2020, aínda que dende as denominacións de orixe recoñecen que aquel foi un ano atípico por causa da pandemia. A exportación é o mercado máis atractivo porque os viños alcanzan prezos máis elevados.
A Denominación de Orixe Rías baixas supón case o 75 % de todas as exportacións de viño galego tamén en parte porque a produción é superior á suma das outras catro denominacións xuntas. O importante é que aínda que hoxe sae menos viño de Galicia cara ao exterior que hai dez anos, este ten un valor económico moito máis elevado.
Estados Unidos, o centro e norte de Europa e o Xapón son os principais compradores dos viños galegos.