Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, satisfeitas con que non se anule o informe dos peritos

As familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, satisfeitas con que non se anule o informe dos peritos

O auto da Audiencia Nacional considera improcedente a petición formulada pola armadora e o patrón que solicitaba a anulación do informe dos peritos xudiciais

G24.gal 10/05/2024 14:09

As familias dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo acolleron moi positivamente a decisión da Audiencia Nacional de rexeitar anular o informe que apunta un erro humano como causa máis probable do naufraxio.

O auto da sección terceira da Audiencia Nacional considera improcedente a petición formulada pola armadora e o patrón do pesqueiro que solicitaba a anulación do informe elaborado polos peritos xudiciais.

As familias dos 21 falecidos no Villa de Pitanxo consideran moi importante ese informe, que apunta a unha manobra imprudente do capitán como causa máis probable do afundimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade