Publicador de contidos
Publicador de contidos

As farmacias da Coruña conciencian sobre a fotoprotección a ritmo da canción do verán

As farmacias da Coruña conciencian sobre a fotoprotección a ritmo da canción do verán

O Colexio Oficial de Farmacéuticos lembra a necesidade de protexermos a pel

G24.gal 24/06/2024 22:13

Letras de cancións que forman parte da memoria colectiva volven estar de actualidade nas farmacias da Coruña. "Evocando as letras das cancións do verán de toda a vida, esta é a de "Eva María se fue buscando el sol en la playa", engadimos o do fotoprotector para insistir en que hai que poñelo todos os días, non só cando baixamos á praia", explica Blanca González, Vogal de Dermofarmacia do Colexio de Farmacéuticos da Coruña

Deste xeito, o Colexio Oficial de Farmacéuticos lembra a necesidade de protexermos a pel. Importante tamén saber que cantidade de fotoprotector aplicar. "Imos aplicar a regra dos dous dedos. Dous dedos para a cara e o pescozo. Catro no torso e nas costas. Catro en cada unha das pernas e dous en cada brazo".

De aí que insistan, un verán tras outro, nos mesmos hábitos, como repoñer a crema sempre despois do baño. Ou ter en conta que hai medicamentos que poden diminuír a protección. "Algúns antiinflamatorios, algúns antibióticos ou antiestamínicos ás veces poden producir esa reacción de fotsensibilidade na pel", precisa a farmacéutica Blanca González.

Tampouco está de máis botar man dunha protección adicional: un sombreiro, lentes e incluso camiseta no caso dos máis pequenos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos