As granxas desfanse das vacas que xa non poden alimentar pola seca e os custos
As granxas desfanse das vacas que xa non poden alimentar pola seca e os custos
Os exemplares de menor produción ou que non empreñan van para os matadoiros
Polo de agora os prezos dos animais descartados seguen altos
As vacas que baixan de 28 litros diarios de leite non son sustentables a día de hoxe nas granxas intensivas. E o mesmo sucede coas que non empreñan ou enferman con facilidade.
Por iso, moitas explotacións optan por envialas para o matadoiro. Así, conseguen reducir os custos de alimentación e tamén obteñen uns ingresos extra que supoñen un alivio para os gandeiros, xa que se pagan a unha media de 1.750 euros.
O problema é que a cabana se reduce e non será fácil repoñela cando a situación mellore.
A calor é a principal causa de perda de produción de leite, que pode chegar a un 30 %. Ademais, supón un factor de risco para a aparición de enfermidades nas vacas pola proliferación de insectos e polo propio impacto das altas temperaturas nos animais.
Por iso, o sacrificio dalgúns exemplares pode supoñer a salvación da cabana.
A situación é aínda máis grave en Andalucía onde, por causa da seca e a calor, se están a sacrificar diariamente arredor de 700 vacas por non podelas alimentar.