Publicador de contidos
Publicador de contidos

A investigación conclúe que a muller ucraína de Nogueira de Ramuín morreu de hipotermia

A investigación conclúe que a muller ucraína de Nogueira de Ramuín morreu de hipotermia

Ningunha proba deste suceso apunta a que se trate dun crime

G24.gal 22/02/2024 10:52

O xuíz que investigaba a morte da muller ucraína asentada en Nogueira de Ramuín arquiva o caso. As pescudas da Garda Civil desbotan que se tratase dun crime. Tampouco apareceron sinais de violencia na autopsia nin nada anómalo nas análises das mostras forenses. Conclúen que faleceu de hipotermia.

Albina, de 62 anos, foi atopada por un veciño a mañá do 6 de decembro. Estaba tirada nun camiño inconsciente, con manchas de sangue e espida de cintura para arriba. Foi trasladada ao hospital, onde faleceu. En situacións de hipotermia extrema, as persoas teñen sensación de calor e quitan a roupa, coñécese como espido paradoxal.

A falecida era natural de Ucraína e residía nunha casa da aldea de Armariz, canda a súa parella sentimental, un home de orixe británica, xa xubilado.

Segundo relataba a veciñanza, tiñan pouca relación coa xente da zona, posiblemente, e entre outras cousas, polas dificultades co idioma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade