Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mariscadoras intensifican a vixilancia nas praias contra os furtivos de bañador

As mariscadoras intensifican a vixilancia nas praias contra os furtivos de bañador

Fan quendas para vixiar os areais desde primeiros de xullo ata setembro

Hai furtivos de aquí e de fóra, pero cada vez son menos

G24.gal 12/07/2022 14:07

Ademais de recolleren as ameixas e os berberechos, de sementaren e de limparen as praias, as mariscadoras teñen durante o verán un traballo extra: vixiar os areais contra os furtivos de bañador.

No Grove organízanse para controlar as praias desde primeiros de xullo ata setembro. Cando sorprenden alguén coas mans no marisco, reciben respostas de todo tipo.

"A xente rebótase bastante, pero a maioría devólveo", di unha mariscadora.

Se hai problemas, piden axuda. Mesmo algunha vez tiveron que avisar as forzas de seguridade. Pero, en xeral, din que cada vez atopan menos furtivos. Os que encontran son tanto de aquí como de fóra.

Lembran que son elas, as mariscadoras, as que se encargan de traballar para que haxa marisco nas praias.

"Agora nós compramos semente, sementamos, traballamos as praias e logo nós somos autónomas e temos que pagar un seguro. Se todos puidesen vir e coller, de que iamos vivir? Temos que pagar como un autónomo máis", asegura outra mariscadora.

Lembran que son elas as que se encargan de traballar para que haxa marisco nas praias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar