As matrículas na FP Dual medraron un 25 % neste curso en Galicia
As matrículas na FP Dual medraron un 25 % neste curso en Galicia
Os alumnos elixen esta opción polas posibilidades que ofrece dunha inserción laboral practicamente directa
A FP dual é unha modalidade en alza que conecta o sistema educativo co tecido empresarial e que permite formar traballadores mellor adaptados ás necesidades reais.
Os alumnos pasan no instituto de setembro a marzo e despois fan prácticas remuneradas nas empresas coas que teñen convenio. Os requisitos son que haxa un centro educativo que faga de mediador desas necesidades, e que haxa alumnado que estea interesado en incorporarse rapidamente no mundo laboral.
"Nós, como profesores, temos que afacernos a esa nova dual, ao alumnado tamén e, por suposto, as empresas teñen que decatarse que a partir de agora van colaborar na formación", explica Diego Mosquera, profesor de Servizos de Restauración co CIFP Compostela.
Un sector que foi refuxio nas crises e bolsa de emprego non cualificado transfórmase hoxe por completo grazas á profesionalización.
"Traballo de calidade, cos seus horarios e a súa conciliación, que é o que nos está ensinando esta nova xeración. Os equipos son máis compactos e os resultados estanse vendo. Creo que o restaurante con estas incorporacións mellorou moitísimo", celebra Quique Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro de Santiago.