As navieiras ofrecen visitas diarias ás illas Cíes desde o 1 de maio
As navieiras ofrecen visitas diarias ás illas Cíes desde o 1 de maio
A cota seguirá restrinxida polo momento a 450 visitantes diarios
A central de reservas da Xunta estará habilitada para os visitantes a partir do 15 de maio
A partir de agora xa é posible visitar as CÍes calquera día da semana desde Vigo e Cangas. A pesar de que estamos aínda en temporada baixa, as navieiras decidiron reforzar o servizo tras a grande afluencia de visitantes durante a Semana Santa.
Foi bastante máis sinxelo do que eu pensaba. Collín a ponte pensando na posibilidade de ir ás Cíes, pensaba que ía ser máis difícil, pero foi sinxelo.
Os barcos con destino ás Cíes cubriron todas as prazas dispoñibles durante a fin de semana. A maioría ía con ganas de pasear e gozar da natureza, aínda que algún mesmo estaba disposto a meterse na auga.
A nosa idea é facer rutas, camiñar un pouco e facer unha boa comida.
A ver se mellora un pouco o tempo e podo bañarme. Apetéceme un baño.
Vimos de Salamanca a ver as illas e esperamos ter unha boa xornada.
Tiña moitas ganas de ver as Cíes, víraas en fotos e son moi bonitas.
450 turistas, a cota máxima por xornada en temporada baixa, desembarcaron o domingo no peirao de Rodas. A central de reservas da Xunta estará habilitada para os visitantes a partir do 15 de maio. Ata entón os que queiran visitar as Cíes terán que contactar coas navieiras para reservaren a súa visita.