Publicador de contidos
Publicador de contidos

As partes acordan a condena para o acusado de intentar matar o noivo da súa exparella en Ourense

As partes acordan a condena para o acusado de intentar matar o noivo da súa exparella en Ourense

Á falta da sentenza, Fiscalía e Defensa acordaron unha pena de 5 anos e a suspensión da mesma pola condición de consumidor de drogas do acusado

G24.gal 02/05/2023 16:06

Na Audiencia Provincial de Ourense sentaba no banco dos acusados o home procesado por intentar matar o noivo da súa exparella cun coitelo en plena rúa.

O Ministerio Fiscal nun principio pedíalle unha pena de seis anos de cárcere por un delito de homicidio en grao de tentativa, as partes falaron e chegaron ao acordo de rebaixar a pena a cinco anos. Unha pena que nun principio, e á espera de que o xuíz dite sentenza, non cumprirá no cárcere. As partes estiveron de acordo na suspensión desta pena pola condición do acusado, que é consumidor habitual de drogas.

Iso si, o acordo inclúe unha indemnización á vítima de 3.500 euros. Non se poderá achegar a el nin delinquir durante ese período de cinco anos. 

Os feitos aconteceron hai tres anos, o acusado cravoulle por dúas veces un coitelo de grandes dimensións ao noivo da súa exparella cando tomaban algo nunha terraza de Ourense e despois fuxiu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade